Saúdo do alcalde
Os tempos actuáis ven impoñendo novos retos que pretenden que a administración pública estea, cada vez, máis preto do cidadán. Entrar de cheo no mundo dixital é un dos obxectivos para acadar esta cercanía.
Aínda que esta entrada ven supoñendo un gran esforzo, na vontade da corporación está lograr que a administración dixital sexa unha realidade no concello.
Quero aproveitar esta oportunidade para manifestar o orgullo que sinto por esta terra na que nacín e, especialmente, polas súas xentes. En Mañón “A serra, o río Sor e o Mar” configuran impresionantes paisaxes que animo a descubrir e desfrutar.
Teño a confianza e seguridade que todos os que, a través desta canle, coñezan o municipio, non poderán deixar de visitarnos.
A todos, benvidos.
Unha aperta.