NOTICIAS

Contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, cofinanciada pola Unión Europea

O Concello de Mañón contratou unha persoa moza inscrita no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil para o posto de peón de limpeza de vías públicas no concello, por un período de 9 meses e cunha xornada laboral do 100%. Esta contratación realizouse co financiamento da subvención concedida por importe de 16.902,64 € a este Concello pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, ao abeiro da Orde do 22 de maio de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración coas entidades locais e cos organismos intermedios sen ánimo de lucro, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se convocan para o ano 2026.
Esta axuda está cofinanciada nun 60% pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021–2027, dentro do Obxectivo político 4 “Unha Europa máis social e inclusiva, por medio da aplicación do piar europeo de dereitos sociais”, Prioridade 5 “Emprego xuvenil”, Obxectivo específico ES04.1 “Mellorar o acceso ao emprego e a medidas de activación de todas as persoas demandantes de emprego, e en particular das persoas mozas, especialmente a través da aplicación da Garantía Xuvenil, dos desempregados de longa duración e os grupos desfavorecidos no mercado laboral, e das persoas inactivas, así como mediante a promoción do emprego por conta propia e a economía social”, e Medida 5.A.02 “Facilitar a mellora da empregabilidade das persoas mozas desempregadas”.


Ver máis

COMUNICACIÓN OFICINA CENSO ELECTORAL

Comunicación da Oficina do Censo Electoral sobre a formación do censo electoral de estranxeiros residentes en España para as eleccións municipais do 23 de maio de 2027.

Ver máis

HORARIO DE ACTIVIDADES NO CENTRO SOCIOCOMUNITARIO

Ver máis

BANDO POR ELECCIÓNS A CORTES XERAIS 2026

Exposición pública do Censo Electoral do 12 ao 19 de outubro

Ver máis
Turismo