DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

Inicio   Noticias   DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

Outra actividade!

O vindeiro 17 de maio conmemórase o Día das Letras Galegas dedicado este ano a RICARDO CARVALHO CALERO (1910-1990). A Real Academia Galega, por mor da actual crise sanitaria, pospuxo os actos de homaxe ao 31/10/2020 coincidindo case coa data do seu nacemento (30/10/1910).
A BPM do Barqueiro proponvos esta pequena actividade para celebralo. Elexide unha obra de RICARDO CARVALHO CALERO (teatro, poesía, novela ou ensaio) e facede a súa portada! Investigade sobre que trata a obra ou simplemente facede o debuxo que vos suxira o título que elexíchedes! Enviádenos unha fotografía do voso debuxo a biblioteca@manon.es A DEBUXAR! Para todas as idades!  

Mandádenos fotografías dos vosos libros e lecturas favoritas en galego! Só hai que cumprir dous requisitos: que o libro sexa en galego e que na fotografía que nos enviades, se vexan os vosos calcetíns!!!!!Para facernos chegar as vosas fotografías, podedes usar o correo da biblioteca biblioteca@manon.es Tedes ata o venres 15. Lendo libros galegos, lendo en peúgos!!!