Noticias

Inicio   Noticias
27-01-2021

MEDIDAS DE PREVENCIÓN NIVEL MÁXIMO

14-01-2021

MENSAXE DO ALCALDE Á VECIÑANZA

30-12-2020

CONCESIÓN PROVISIONAL DE AXUDAS PEL REACTIVA - DEPUTACIÓN DA CORUÑA

15-09-2020

BANDO

16-12-2020

FELICES FESTAS (RESPONSABLES) E SAUDABLE 2021

13-11-2020

CONVOCATORIA AXUDAS FONDO DE FINANCIACIÓN PARA A REACTIVACIÓN ECONÓMICA E SOCIAL DO CONCELLO DE MAÑÓN

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Dende o día 14 ata o 25 de novembro de 2020 ás 14:00 horas.
LUGAR DE PRESENTACIÓN: As solicitudes deberán presentarse na SEDE ELECTRÓNICA do concello.
http:// sede.manon.es/
 
20-11-2020

PACTO DE ALCALDES PARA O CLIMA E A ENERXÍA SUSTENTABLE

O concello aproba un plan para facer fronte ao cambio climático e reducir emisións

O pleno da corporación aprobou o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable (PACES), un programa que inclúe a elaboración dun inventario de emisións e medidas para, entre outros aspectos, reducir o consumo de enerxía e ser un concello mais resiliente ao cambio climático.

O Concello de Mañón sumouse en xaneiro do ano 2019 á iniciativa europea do Pacto de Alcaldes para o Clima e a Enerxía. Este reúne ás autoridades locais e rexionais que de forma voluntaria comprométense a implantar os obxectivos de clima e enerxía da Unión Europea no seu territorio. Os asinantes teñen como obxectivo a redución das emisións de CO2 en polo menos un 40 % para 2030 e a aumentar o seu resiliencia aos impactos do cambio climático.
No caso de Mañón este plan permitirá non emitir 2.681,03 toneladas de CO2 o ano, o que equivale ao 40,06 % de redución ao respecto do ano de referencia, o 2010.

A estratexia recen aprobada inclúe 28 medidas de actuación en distintos sectores diferenciando a inversión privada e a pública, nas que destacan o sector de equipamentos municipais e o de transportes.

O concello márcase o obxectivo captar fondos europeos para financiar medidas como a substitución de luces LED ou uso da biomasa en instalacións públicas pero tamén incentivar que a veciñanza perciba axudas para as obras privadas como as da envolvente térmica dos edificios (ventás e fachadas).
Unha rede europea permanente de intercambio de información
O Pacto dos Alcaldes é unha ferramenta que pretende reunir aos alcaldes das cidades europeas nunha rede permanente de intercambio de información para a aplicación de boas prácticas a través da mellora da eficiencia enerxética no ámbito urbano, a redución das emisións de CO2 no ámbito territorial local e aumentar a resiliencia fronte ao cambio climático.
Financiación para a redacción do PACES
Para a redacción do documento recibiuse o apoio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e do FEDER “Unha forma de facer Europa” que financiaron o 100% do custe do mesmo.
Mais información: https://pactodosalcaldes.gal/
06-11-2020

AMPLIACIÓN DO PRAZO DE XUSTIFICACIÓN POR AXUDAS ECONÓMICAS

26-10-2020

XUSTIFICACIÓN DAS AXUDAS ECONÓMICAS CONCEDIDAS POLO BROTE DE COVID 19

XUSTIFICACION DAS AXUDAS CONCEDIDAS PARA PALIAR AS CONSECUENCIAS ECONÓMICAS DERIVADAS DA CRISE SANITARIA OCASIONADA POLO BROTE DE CORONAVIRUS COVID 19.
Os beneficiarios das axudas deberán xustificar a subvención recibida con facturas efectivamente pagadas no período comprendido entre o 01-03-2020 e 30-09-2020 correspondente ós seguintes gastos:
• Cotas á seguridade social do traballador autónomo.
• Compra de material necesario e adquisición de equipos de protección individual para adecuarse as medidas establecidas contra o COVID-19.
O PRAZO LÍMITE PARA PRESENTAR A XUSTIFICACIÓN SERÁ O 30 DE NOVEMBRO DE 2020
Informan no teléfono 981414002 ou correo@manon.es
13-10-2020

"OUTONO DE CINE" Outubro