Noticias

Inicio   Noticias
17-08-2022

NOITE DE CINE AO AIRE LIBRE

23-06-2022

XORNADA EN FAMILA NO PARQUE ACUÁTICO DE CERCEDA

01-07-2022

RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA PRAZA LABORAL TEMPORAL AXENTE DE IGUALDADE

ACTA DO TRIBUNAL

Premendo en VER MAIS está a resolución do tribunal para a súa descarga
23-06-2022

CONVOCATORIA PRAZA AXENTE DE IGUALDADE

Deputación de A Coruña – Programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para o financiamento do persoal técnico ou axentes de igualdade no ano 2022.

As solicitudes poderán presentarse na sede electrónica do Concello de Mañón:
Emprego público e recursos humanos – Convocatoria de persoal, cubrindo o modelo de solicitude de selección de persoal á que se deberá anexar a documentación establecida nas bases da convocatoria.
Bases da convocatoria e máis información na sede electrónica do concello
https://sede.manon.es/opencms/gl/informacion/
23-06-2022

CONVOCATORIA PRAZA PSICÓLOGO/A Deputación de A Coruña

Programa financiamento servizos sociais comunitarios municipais ano 2022

As solicitudes poderán presentarse na sede electrónica do Concello de Mañón:
Emprego público e recursos humanos – Convocatoria de persoal, cubrindo o modelo de solicitude de selección de persoal á que se deberá anexar a documentación establecida nas bases da convocatoria
Bases da convocatoria e máis información na sede electrónica do concello
https://sede.manon.es/opencms/gl/informacion/
 
23-06-2022

VERÁN ACTIVO EN MAÑÓN 2022

06-04-2022

Mercado Artesanal organizado pola COMISIÓN FESTAS SANTA ROSA 2022

06-04-2022

XVIII CERTAME DE EXALTACIÓN DA CAMELIA E MERCADO RURAL - VENRES 15 DE ABRIL

10-02-2022

APROBACIÓN DA CONCESIÓN DEFINITIVA DE AXUDAS DO POS+ADICIONAL 1/2021

Os beneficiarios da subvención deberán presentar antes do día 28 de febreiro de 2022, xunto co modelo do Anexo IV das bases reguladoras da subvención e a documentación xustificativa do gasto.

No ano 2021, dentro do Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único Concellos), a Deputación da Coruña incluíu o POS+ADICIONAL 1/2021 para gastos sociais extraordinarios do exercicio 2021.
O Pleno da Corporación Municipal, na sesión celebrada o día 4 de febreiro de 2021 aprobou solicitar a participación do Concello no POS+ ADICIONAL 1/2021.
Por Decreto da Alcaldía nº 326/2021 de data 25 de novembro aprobáronse as bases reguladoras e a convocatoria das subvencións ó amparo do POS+ADICIONAL 1/2021. A convocatoria e o extracto da mesma foron publicadas nos BOP nº 228 de 30 de novembro e nº 231 de 3 de decembro e no taboleiro de edictos electrónico.
03-02-2022

REFORMA DA EDAR DO BARQUEIRO (MAÑÓN)

Coa pretensión de mellorar a rede de saneamento de auga municipal, realizáronse varias actuacións para mellorar o funcionamento da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) do Barqueiro.