Rutas

PONTE SEGADE - REFUXIO CASCÓN - PONTE SEGADE

Este itinerario iníciase na beira dereita do río Sor na Área recreativa de Ponte Segade, río arriba. O percorrido segue co curso do río ata a arca recreativa e refuxio de Cascón onde pasando pola pequena ponte sobre o Sor volveremos pola outra beira ata o punto de inicio.

Este percorrido que nos achega até o refuxio do Cascón permítenos descubrir varios interesantes aspectos relacionados coa cultura tradicional destas terras e coa vexetación e a fauna da ribeira.

Ver máis


PONTE SEGADE - REFUXIO DE SALUSTIO - PONTE SEGADE

Este itinerario comeza na área recreativa de Ponte Segade. Tomamos o sendeiro que arranca río abaixo pola súa marxe esquerda, até o refuxio de Salustio, e despois de atravesar a ponte de cemento, regresamos ao punto de partida remontando o río pola outra beira.
 
A área recreativa de Ponte Segade foi unha das primeiras acondicionadas para o disfrute e conservación do medio e como apoio para os pescadores.

Ver máis


PONTE SEGADE - REFUXIO DE SALUSTIO - FERVENZA DE AUGAS CAÍDAS

Neste itinerario é fácil que podamos ver no río unha elegante ave, sempre ligada aos ambientes húmidos: a garza real. Pódenos sorprender sobrevoando o río, ou quieta esperando algunha presa nunha curva do río, coas súas longas patas metidas na auga. Aliméntase de peixes, anfibios, réptiles, pequenos mamíferos e insectos...que atrapa co seu enérxico pescozo e un afiado pico que a modo de arpón atravesa as súas presas.

Ver máis


AMBOSORES - RIBEIRAS DO BISPO - PONTE SEGADE

Partindo de Ambosores, o percorrido lévanos pola parte alta do río Sor, desde o seu nacemento como tal na confluencia dos regos de Tras da Serra e do Santar até o curso medio rematando na área recreativa de Ponte Segade, onde poderemos descansar e tomar forzas.

Ver máis


RÍO SOR - REFUXIO DE ULLÓ - PR - G8

Trátase dunha ruta de sendeirismo homologada en setembro de 2001 pola Federación Galega de Montañismo coa inscrición PR-G 8 que percorre na súa maior parte, a beira do río Sor.
 
Esta ruta comeza no Morgallón e nos leva até o refuxio de pescadores de Ulló para desde alí volver polo monte da Ínsua que ten unhas vistas panorámicas impresionantes sobre o río Sor ao noso punto de inicio.

Ver máis